Aurabooks e os Protésicos de Galicia firman un convenio de colaboración

 

O Colexio acordou un desconto do 10% para a adquisición de libros para os profesionais protésicos galegos.

 

 

O Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia ven de dar un paso máis a favor da formación e o desenvolvemento dos seus colexiados, ao celebrar un Convenio de Colaboración coa distribuidora especializada en libros para o sector dental, Aurabooks.

O acordo xurdiu a raíz dos contactos no II Congreso Internacional de Prótese Dental de Galicia, organizado polo colexio en Santiago de Compostela os pasados días 30 de novembro e 1 de decembro de 2018.

 

AURABOOKS é unha tenda en liña que ofrece o maior catálogo de libros do sector en español, portugués e inglés do mercado.

A entidade caracterízase por dar un servizo totalmente individualizado e personalizado.
O convenio con Aurabooks, a plataforma que levan con enorme entusiasmo Eva Durán e Iván Vidal, conecta cun dos obxectivos centrais da institución: “Lograr a constante mellora de préstacións profesionais dos colexiados, promovendo a súa formación e perfeccionamiento”.

 

A plataforma web

Tomar contacto cos libros supón rexistrarse na Web de Aurabooks, este xesto que normalmente supón un 5% de desconto, no caso dos protésicos de Galicia será do 10%. Para iso requírese garantir, a través do colexio que efectivamente ése membro efectivo.

 

É necesario rexistrarse na plataforma web, para ter acceso á oferta bibliográfica e de eventos que vai subindo en cantidade. Con todo, advirten que non se trata de facer todo digital.

“Gústanos ter un trato moi directo co cliente, informámoslle para que estean ao tanto de todos os detalles dos libros. A eles gústalles preguntarnos, escríbennos o que lles interesa. Explícaselles o que é un e outro”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *